Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Liceo cede un empate nun mal último minuto na pista do Sant Just (2-2)

O Liceo cede un empate nun mal último minuto na pista do Sant Just (2-2)

Os coruñeses marchan á parada da OK Liga cun mal sabor de boca nun encontro que dominaban 0-2

Foto: @HockeyClubLiceo
G24.gal 23/02/2025 12:57

O Deportivo Liceo empatou a dous na pista do Sant Just. O equipo coruñés chegou o último minuto gañando por cero a dous, con goles de Arnau Xaus e de César Carballeira. No treito final, o Sant Just botouse arriba á busca de reducir diferenzas, e o Liceo mesmo tivo opcións de anotar o terceiro tanto.

Pero chegou ese último minuto, e os locais igualaron con tantos de Xavier Crespo e de Gerard Miquel. O dous a dous final chegou a falta de 15 segundos, co Sant Just atacando con cinco xogadores de pista.

O Liceo podería perder a segunda praza da OK Liga se o Reus gaña esta tarde ante o Caldes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade