Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Arenteiro non suma puntos na súa visita a Sestao (1-0)

O Arenteiro non suma puntos na súa visita a Sestao (1-0)

Os galegos non conseguen sacar puntos fronte a un equipo en descenso e descólganse da loita polos postos de ascenso

O Sestao achégase á salvación cun gol polémico

G24.gal 04/02/2024 21:58

O Arenteiro espertou tarde na súa visita a Sestao. Unha primeira metade moi frouxa e un polémico gol dos locais deixaron tocado o equipo do Carballiño, que apertou nos minutos finais e rozou o empate.

O gol do Sestao, de Aitor Aranzabe no minuto 25, foi protestado polos xogadores do Arenteiro, que reclamaban un posible fóra de xogo. A pesar do triunfo, os vascos quedan en postos de descenso, a dous puntos da salvación. Os galegos quedan na oitava posición, lonxe do descenso pero a unha distancia importante da zona de promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar