Cargando resultados...
O Bergantiños empata co Marino (1-1) e elude o descenso
G24.gal
20/04/2025 20:03
O Bergantiños sumou un empate en Luanco que lle permite quedar por diante dun rival directo, e fuxir definitivamente da opción do descenso. Un empate que tamén o deixa a cinco puntos da zona de promoción, con seis por xogar.
O encontro resolveuse na primeira metade. Adiantouse o equipo galego grazas a un gol de Tiago. Pero os asturianos empataron desde o punto de penalti. Isma establecía unha igualada que xa sería definitiva. Santi Canedo tivo que empregarse a fondo nalgún remate para asegurar ese punto que lles da a tranquilidade aos de Carballo para as dúas últimas xornadas, nesta temporada da volta á Segunda Federación.