Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo suma un valioso empate no campo do Escobedo (0-0) e manténse fóra do descenso

O Coruxo suma un valioso empate no campo do Escobedo (0-0) e manténse fóra do descenso

Os vigueses aguantaron as acometidas dos locais, que entán en play out dous puntos por debaixo

Alberto fixo boas paradas para impedir a derrota

G24.gal 19/04/2025 21:56

O Coruxo visitaba o campo do Escobedo, un rival directo que o tiña a tiro na cladificación, e cumpriu co seu obxectivo, que era non perder para manterse por diante na táboa. Foi nun encontro en que os vigueses tiveron que sufrir, cun conxunto local máis afeito ás peculiaridades do seu campo. Nos primeiros minutos, as mellores accións dos cántabros chegaron a balón parado en saques laterais.

O Coruxo estirouse con accións de Borja Domínguez, que iraba a porta con perigo xa na segunda metade. Pero o Escobedo seguía inquedando, e dispuxo da súa mellor accción nun remate que se estrelou o pau de Alberto. Nacho tamén gozou dun remate clarísimo, que marchou por ben pouco.

Nos minutos finais, o Coruxo mesmo puido levar a vitoria nunha incorporación de Guido, que rematou desviado.

Ao final, empate sen goles en Escobedo. O Coruxo segue con dous puntos de marxe sobre o play out, e ten arestora catro sobre o descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade