Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubén Fernández gaña a carreira de cualificación en Suíza

Rubén Fernández gaña a carreira de cualificación en Suíza

O piloto vigués sairá de primeiro nas dúas quendas, que veremos o luns en directo nesta casa (14 e 17h)

G24.gal 19/04/2025 21:38

Rubén Fernández gañou a carreira de cualificación do Gran Premio de Suíza de motocrós.

O vigués superou a todos os seus rivais na saída, acadou o hole shot e foi abrindo oco pouco a pouco. Controlou a proba, dominou os seus rivais e gañou con autoridade, con seis segundos de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Tim Gajser.

Primeira vitoria da temporada e dez puntos máis na clasificación xeral, na que ocupa o sexto posto. O Gran Premio de Suíza verémolo o luns ás dúas e ás cinco na G2.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade