Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela derrota á Ximnástica (3-1) e sae dos postos de descenso

O Compostela derrota á Ximnástica (3-1) e sae dos postos de descenso

Primo igualou antes do descanso e sementou as dúbidas, pero o Compostela refíxose na continuación

Logo da lesión de Torres, a XImnástica quedou con dez e o Compostela sentenciou

O equipo galego ocupa agora o posto de play out con 38 puntos

G24.gal 20/04/2025 18:58

O Compostela segue aferrándose ás súas posibilidades de salvación e, coa terceira vitoria consecutiva diante da Ximnástica, conseguiu saír dos postos de descenso directo e ocupar o de play out antes das últimas dúas xornadas unificadas.

Saiu mellor ao partido a Ximnástica, máis liberada de presión, e protagonizou os primeiros achegamentos. Saúl e Primo comandaban a ofensiva que conseguiu forzar varios córners na área de Rabanillo. Pero ningún deles acabou nun disparo entre paus e, á saída dun córner a prol do Compostela chegaba a ocasión máis clara, cun bo cento de Pablo Antas e unha cabezada de Pablo Crespo que marchou lambendo o traveseiro. 

Foi un ensaio para a xogada do primeiro gol. Volveuse vestir de asistente, cun centro medido para que Manu Barreiro, ao primeiro toque, marcara de xeito espectacular. Un gol que sacaba momentáneamente aos santiagueses do descenso.

Intentaron os de Secho aproveitar o seu bo momento, e proximáronse outro par de veces con perigo. Pero a Ximnástica tamén aproveitou as súas. Un disparo de Chus Ruiz acabou en córner no 35 e, desde o curruncho, un centro chut de Canales caéulle a Primo, que lle aplicou a lei do ex ao seu antigo equipo. Empate a uns e outra vez a empezar no Vero Boquete.

Na segunda parte, o Compostela intentou meterlle unha marcha máis ao partido. Gozou dunha boa ocasión nunha cabezada de Samu que marchou moi cruzada, e Secho queimou as naves con cambios ofensivos. Hugo Matos ingresou no campo e creou perigo pola banda dereita, con bos pases para Manu Barreiro que non puido aproveitar o ariete.

A poucos minutos da conclusión chegaba a xogada definitiva. Torres, que acababa de entrar no campo, sifriu unha picada e deixou á XImnástica cun home menos. E aí non perdoou o Compostela. Primeiro marcou Pablo Antas, aproveitando un rexeitamento cunha cabezada. E, despois, Manu Rivas asinaba o 3-1 definitivo. Terceira vitoria consecutiva dos de Secho, que aínda non perdeu. E o COmpostela queda en posto de play out.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade