Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona pagou 1,4 millóns en tres anos ao vicepresidente do comité de árbitros, por “informes verbais”

O Barcelona pagou 1,4 millóns en tres anos ao vicepresidente do comité de árbitros, por “informes verbais”

A Fiscalía investiga DASNIL 95, empresa propiedade do colexiado Enríquez Negreira, como consecuencia dunha inspección de Facenda por irregularidades na tributación dos exercicios de 2016 a 2018

Laporta:"Non é casualidade que saia isto agora"

G24.gal 15/02/2023 13:13 Última actualización 15/02/2023 14:49

A Fiscalía de Barcelona investiga por un presunto delito de corrupción entre particulares a unha empresa de José María Enríquez Negreira, exárbitro e número dous do Comité Técnico de Árbitros (CTA) entre 1994 e 2018, por uns pagos de 1,4 millóns de euros realizados polo FC Barcelona entre 2016 e 2018.

Así o desvelou o programa 'Que t'hi jugues' de SER Cataluña, que informa de que a investigación se inicia por mor dunha inspección fiscal a DASNIL 95 SL pola tributación dos citados 1,4 millóns de euros. Segundo a mesma información, o Barcelona pagou á citada empresa 532.728,02 euros no ano 2016, 541.752 euros en 2017 e 318.200 euros no ano 2018, que é cando se produciu o último pago, unha data que coincide, segundo o programa radiofónico, coa constitución dun novo CTA e a saída de Enríquez Negreira do Comité.

Citado polo mesmo programa, o expresidente Josep Maria Bartomeu asegura que se puxo fin aos pagos por "unha política de recorte de gastos" e desvelou que os informes xa existían "polo menos en 2003", cando el chegou ao club, e que se pagaron "de maneira continuada" ata 2018.

Esa mesma versión é sostida pola directiva de Sandro Rosell, segundo o mesmo programa radiofónico, mentres que o exvicepresidente Joan Gaspart asegura que "non lle constan" estes pagos. 

Nunhas declaracións á Cadena SER, Enríquez Negreira asegurou que non existe documentación porque o seu traballo consistía en asesorar verbalmente ao club azulgrá, entre outras cuestións, sobre como se debían comportarse os xogadores fronte a cada árbitro e que nunca favoreceu o Barça en ningunha decisión nin designación arbitral.

Laporta:"Non é casualidade que saia isto agora"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos