O Baxi Ferrol perdeu no Bierzo ante un rival directo como é o Bembibre por 66-62
As de Lino López seguen con 4 vitorias, na zona baixa da táboa
Na liga feminina, o Baxi Ferrol perdeu onte no Bierzo ante un rival directo como é Bembibre, dirixido polo galego Pepe Vázquez nun dos encontros que tiña adiado o conxunto ferrolán.
As galegas sempre foron a remolque no marcador. Ao descanso perdían por 9 puntos e acabaron perdendo por un axustado 66 a 62.
Sue Koenen, con 17 puntos, e Natalia Rodríguez, con 16, foron as mellores no Baxi. As de Lino López seguen con 4 vitorias, na zona baixa da táboa.
🎙Declaraciones de @linolopez04 tras el partido Embutidos Pajariel @CBBembibrePDM 66 - BAXI Ferrol 62
— Baxi Ferrol (@UniFerrol) January 26, 2022
Desde el @UniFerrol hoy queremos agradecer a nuestro entrenador toda su implicación y trabajo, en un día especialmente duro para él a nivel personal. Mucho ánimo, Lino 💙 pic.twitter.com/J8jYcoPPWR