O Breogán derrota o Joventut no Pazo (85-77) e sae do descenso
O Breogán derrota o Joventut no Pazo (85-77) e sae do descenso
Os de Mrsic reaccionaron no último cuarto para sumar a segunda vitoria da temporada
Comezou o encontro igualado ata as primeiras vantaxes visitantes. O Joventut levou a iniciativa timidamente no marcador ata o 15-19 final. Pero no segundo cuarto, chegou unha gran reacción dos lugueses, que lle deron a volta co 23-22, e asinaron un gran parcial ata o 43-32 do descanso.
No inicio do terceiro cuarto os de Mrsic ampliaron a vantaxe, que se establecía nos 16 puntos (48-32) logo de dous minutos. Pero chegou entón un parcial de 0-13 para o equipo catalán qu se meteu de cheo no partido (50-48). O Breogán foi quen de frear o parcial, e mantivo pequenas vantaxes ata o remate do terceiro cuarto.
Foi no inicio do último parcial cando o Joventut volvía coller a iniciativa grazas a unha tripla de Pep Busquets (61-64). Logo dun intercambio de anotacións, O Breogán colocábase outra vez con vantaxe de cinco puntos grazas a unha tripla de Jogela antes dos dous últimos minutos. Juan Fernández establecía o 82-77 e, logo do erro dunha tripla visitante, o partido entraba no último minuto con vantaxe de cinco. Desta volta, o segundo triunfo da temporada non fuxiu, e o Breogán toma aire na parte baixa da clasificación.