O Burela gaña nos penaltis unha disputadísima final da Copa Galicia
O Castro Bloques Cando chegou a gozar dun 3-1
O encontro tivo que ir á prórroga
O erro no lanzamento de penalti da porteira do Castro deulle o título ás burelás
O Burela Fútbol Sala sufriu para conquistar a súa oitava copa Galicia. O Castro Bloques Cando tirou de estratexia para se adiantar no marcador. As de Ribeiras do Lea poñíanse cun 2-0 que convidaba a pensar na sorpresa. Marcaron Jenny e Ontiveros. Recurtou distancias antes do descanso o campión. Carolina Pedreira empezaba a amosarse coma a gran protagonista do encontro e facía o 2-1 co que se chegou ao intermedio.
Novamente a balón parado o Castro volvía mover o marcador, Camila facía o 3-1 e obrigaba ás mariñás a xogar moitos minutos coa porteira-xogadora. Esa superioridade resultou clave para establecer a igualada que levou o partido á prórroga. Carolina Pedreira asinou os dous goles que conduciron ao tempo extra.
Volveuse adiantar o Castro e volveu igualar o Burela. A emoción ía a máis e a final dirixíase aos lanzamentos de penalti. Aí, o erro da porteira do Castro, Julia, converteu ao Burela en campión da copa Galicia por oitava vez.