Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cabrito galego tenta superar a caída do consumo a base de calidade

O cabrito galego tenta superar a caída do consumo a base de calidade

Cada consumidor de Galicia come menos de 100 gramos anuais de cabrito

O pequeno tamaño das explotacións dificulta o crecemento

Andrés Pavón 15/11/2024 17:12

A carne dos cabritos galegos é unha das mellores que se poden atopar no mercado. Polo manexo que se fai dos animais e pola alimentación que reciben tanto as crías como as nais. Sen embargo, o seu consumo cae ano tras ano e cada vez redúcese máis a datas sinaladas. Nós falamos cos produtores, que queren reverter esta situación e poñer en valor os seus produtos.

A vida das cabras e dos cabritos galegos transcorre pacendo nos montes e durmindo en pendellos ben ventilados. Un método de cría que semella sinxelo pero que require de moitas horas de traballo de acompañamento e observación dos rabaños. Hai que estar pendente de todos os detalles. E é que só así se consegue unha carne de calidade superior moi valorada na gastronomía.

En Galicia hai unhas 3.900 explotacións de gando cabrún que abranguen unha cabana dunhas 31.000 cabezas de gando. Pero esas cifras revelan un problema: máis do 95% desas explotacións contan só con sete ou oito animais que constitúen, no mellor dos casos, un complemento de actividade. Hai terreo, hai condicións favorables pero falta profesionalización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos