Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta afronta en Cádiz a primeira final pola permanencia

O Celta afronta en Cádiz a primeira final pola permanencia

Os gaditanos marcan o posto de descenso, están a tres puntos do Celta e mesmo se vai poñer en xogo o goal average logo do empate na ida

G24.gal 19/02/2024 21:05

Non lle queda outra ao Celta que deixar os lamentos polo punto perdido co Barcelona. Chega un momento clave do calendario, especialmente as dúas próximas xornadas. O domingo, Cádiz-Celta, e cinco días despois, o Celta-Almería; os dous rivais están por debaixo na clasificación, e os andaluces son os que marcan o descenso.

Fran Beltrán foi o protagonista desgraciado esta vez. Por segunda xornada consecutiva, os de Benítez deixaron escapar puntos no tempo engadido. Segundo as contas do perfil de estatísticas Afouteza e Corazón, o Celta perdeu trece puntos na recta final dos partidos. Unha cifra que engordaron erros propios ou decisións do VAR.

O domingo en Cádiz o Celta ten máis de tres puntos en xogo. En 25 xornadas o Celta sumou 20 puntos, so catro vitorias, e apenas marcou nove goles na casa, o peor dato da Liga, empatado xustamente co Cádiz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos