Publicador de contidos
Publicador de contidos

Haberá duelo de ACB na final da Copa Galicia

Haberá duelo de ACB na final da Copa Galicia

O Leyma sufriu para gañarlle a un Obradoiro que foi por diante a meirande parte do partido (84-79)

O Breogán logrou a vitoria por 78-69 contra o COB

G24.gal 20/09/2024 20:03 Última actualización 20/09/2024 22:27

Haberá duelo de Liga ACB na final da Copa Galicia que veremos o vindeiro domingo ás 18:00 horas na G2 e en agalega.gal. 

O Leyma Coruña é o primeiro finalista da Copa Galicia de baloncesto logo de impoñerse por 84-79 ao Obradoiro nun partido no que o cadro santiagués dominou durante 35 minutos. Foi no primeiro cuarto (17-28) no que os de Gonzalo Rodríguez colleron a dianteira. O Leyma Coruña aproximouse (41-45 ao descanso) pero tardou ata mediado o último cuarto en remontar. O Obradoiro entrou por diante nos últimos minutos (77-79) pero recibiu un parcial de 7-0 no intre decisivo. O pivote Stephens completou un gran partido no cadro santiagués con 27 puntos. Aleix Font (18 puntos) foi o máis destacado no Leyma Coruña. 

O Río Breogán impúxose por 78-69 diante do Club Ourense Baloncesto. Unha primeira metade igualada na que aguantaron os ourensáns pero no terceiro cuarto o Breogán comezou a rachar o partido. Conseguiu unha diferenza por riba dos dez puntos (59-48) e chegou a ter unha máxima de catorce. O COB nunca tirou a toalla, púxose a sete a tres minutos do final (74-67) pero xa non se achegaría máis no marcador. Charlie Moore volveu a estar moi atinado no ataque breoganista con Toni Nakic a carón del con grandes porcentaxes no tiro exterior. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade