O Celta C Gran Peña, ante o soño do ascenso
O Celta C Gran Peña, ante o soño do ascenso
Este domingo xógase a ida dunha eliminatoria moi complicada para o equipo vigués
O Celta C Gran Peña enfróntase este domingo ante un dos cocos desta Terceira Federación, o Salamanca C. F. UDS. O equipo de Luis Bonilla, como dixo Jose Rivera, loitarán polo obxectivo que se marcaron o primeiro día, cando o adestrador era Fredi Álvarez, o ansiado ascenso.
Tras o anuncio da desvinculación do Gran Peña e do Celta, o equipo viuse envolto nunha situación de inestabilidade, e encadearon unha serie de resultados negativos, pasando de pelexar polo primeiro posto a ter que loitar por manter esa segunda praza. Pese a todo o equipo soubo recompoñerse e chegou cunha dinámica positiva ao play off de ascenso acadando esta final que dá acceso a Segunda Federación. Recentemente o presidente do Gran Peña revelou que pese a desvinculación o Celta seguirá prestando axuda ao Gran Peña, nunha colaboración de outro tipo, diferente a que hai agora.
Pola parte visitante, o Salamanca chega a Barreiro tras eliminar o Atlético Tordesillas, e consolidarse como un dos favoritos para acadar o ascenso, xa que é un equipo conformado dende o primeiro día para conseguir o ansiado ascenso por parte dunha organización tan importante. O Salamanca xoga cun 4-4-2 moi ordenado e con dúas puntas moi potentes, que serán unha gran proba para os centrais do Gran Peña.