Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta enfróntase ao Vizela mentres agarda polo regreso do Panda

O Celta enfróntase ao Vizela mentres agarda polo regreso do Panda

Segundo amigable da pretemporada celeste, que poderemos ver este sábado a partir das 20:00 horas

G24.gal 20/07/2024 14:41

A pretemporada do Celta ten este sábado o nome de Borja Iglesias. Porque sete anos despois o Panda, volve aparcar o seu fútbol na porta da sede. Regresa despois de ser campión da Copa do Rei co Betis, de ser o mellor xogador da final, con gol incluído. Volve despois de ser internacional e de gañar a liga de Alemaña co Bayern Leverkusen.

A vindeira semana presentación oficial e adestramentos en Vigo. E esta tarde segundo partido de preparación pro Celta. Con Sotelo fóra por temas contractuais, e Bamba de baixa por asuntos persoais. E co obxectivo de sumar o primeiro triunfo e seguir crecendo.

Hai unha semana empate co potente Benfica, cun Aspas superlativo. Este serán agarda un descendido, o Vizela, equipo da segunda portuguesa adestrado por Rubén de la Barrera, que desde hai uns días conta co naronés Héber Pena.

Celta-Vizela na Lomba, en Vilagarcía. Arranca as oito, coas cámaras da Galega como testemuña e coa lembranza do dous a cero do seu último enfrontamento, hai ano e medio. Carles e Larsen marcaron para os galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos