O Celta Fortuna cae fronte ao Nástic e perde o liderado (0-1)
O Celta Fortuna cae fronte ao Nástic e perde o liderado (0-1)
Ceden o liderado tras o triunfo da Ponferradina
O filial vigués apertou nos minutos finais, pero non puido marcar tras unha grande actuación de Varo, o porteiro visitante
O Celta Fortuna non puido co Nástic nun partido chave na zona alta do grupo 1 da 1ª RFEF. A primeira parte foi igualada, sen moitas ocasións de gol. No arranque da segunda metade, Pablo Fernández aproveitou un erro na saída do balón celeste para poñer o 0-1 no minuto 53 de encontro.
A raíz do gol o partido abriuse e as ocasión comezaron a aparecer. O Celta Fortuna dispuxo dunha clara ocasión no desconto co lanzamento dunha falta, pero o porteiro visitante, Varo, realizou unha sensacional parada.
Co resultado a loita polo primeiro posto do grupo apértase, os vigueses quedan na segunda posición, un punto por detrás da Ponferradina. O Nástic, pola súa parte, sitúase terceiro a só dous puntos do liderado.
Claudio Giráldez, adestrador dos vigueses, aclarou cales son os obxectivos do filial celeste.