Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta Fortuna volve amosar a peor cara como visitante en Salamanca (2-1)

O Celta Fortuna volve amosar a peor cara como visitante en Salamanca (2-1)

Os de Fredi igualaron o primeiro tanto local, pero volveron encaixar antes do descanso

Na segunda metade só puideron crear un par de ocasións e non puideron marcar

Foto: @UnionistasCF
G24.gal 19/01/2025 14:00

O Celta Fortuna segue sen ofrecer a súa sólida imaxe cando viaxa lonxe de Vigo. Os de Fredi volveron perder, desta volta en Salamanca, nun encontro en que non foron quen de crear ocasións claras en toda a segunda metade.

Os primeiros minutos foron de tenteo, co Celta Fortuna intentando afacerse a unha liña defensiva inédita, que formaban o debutante Vicente e Meixús no centro, escoltados por Garriel e Gavián. Unha defensa de catro á que non están afeitos os de Fredi, e isto aproveitouno axiña o cadro local. Porque na primeira aproximación, De la Nava apareceu so no punto de penalti para rematar a gol un servizo desde a esquerda.

O gol non descentrou ao Celta Fortuna, que axiña pisou a área rival. Primeiro rematou Johan Guedes desde a frontal ao traveseiro. E, xusto a seguir, unha mala saída de balón do porteiro local aproveitábaa Jordi Escobar para asistir a Miguel Román, que anotaba o empate.

Chegaron entón os mellores momentos do equipo local, que estrelou dous balóns no pau de xeito consecutivo por medio de Iván Moreno e Arriba e, xusto despois, volvíase adiantar no marcador. Outra vez de la Nava remataba na área pequena un envío de Pau Martínez.

O Celta dominou o resto da primeira metade, pero non foi quen de volver empatar.

A decoración non mudou excesivamente no inicio da segunda metade, e a primeira ocasión clara volveu ser para Unionistas. Un dobre remate que rexeitou Marc Vidal. Os locais pediron un posible penalti de Meixús na loita polo balón solto.

O Celta Fortuna rematou por primeira vez nesta segunda metade aos 19 minutos. Foi por medio do autor do gol, Miguel Román, despois dunha condución de Sergio Díez. Rexeitou a córner Iván Martínez. Foise estirando timidamente o filial neste treito. Miguel Román volveu rematar, topando con Iván Martínez, e Johan Guedes dispuxo dun bo balón pouco despois, pero rematou cruzado.

O resultado xa non se moveu, e a derrota impídelles aos vigueses axexar os postos de promoción de ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade