Cargando resultados...
O Celta intentará manter a boa serie na Copa en Amorebieta
O Celta intentará manter a boa serie na Copa en Amorebieta
Rafa Benítez confirmou que Iván Villar será titular
O técnico gabou o rival, pero teme o estado do céspede
G24.gal
06/01/2024 13:55
O Celta traballou en Afouteza antes de viaxar para enfrontarse ao Amorebieta, da Segunda División. Os vigueses viaxarán a un campo que preocupa a Rafa Benítez, como manifestou na previa. O técnico e os seus xogadores afrontan con moito optimismo esta primeira eliminatoria de 2024, intentando referendar o bo momento ligueiro.
Rafa Benítez confirmou que Iván Villar será o porteiro titular, e tamén que vai facer cambios. Benítez gabou o potencial do Amorebieta, e tamén o seu técnico, o excéltico Jandro.
O partido dispútase mañá a mediodía en Urritxe, campo que non utiliza o Amorebieta en Liga, pero si pode facelo no torneo copeiro.