O Cisne perde na pista dun rival directo pola permanencia
O Cisne perde na pista dun rival directo pola permanencia
O triunfo local (34-32) permítelles igualar con seis puntos co equipo pontevedrés
O Cisne non puido sacar nada positivo da pista do Puente Genil, un rival directo na loita pola permanencia dos dous equipos galegos.
Comezou mandando no partido o Cisne, que se manexou con vantaxes de dous ou tres goles a prol durante case todo o primeiro tempo. No minuto 23 o marcador tiña un 12-15 que o equipo local enxugou grazas a un parcial de 6-1 nos últimos sete minutos.
Na segunda parte houbo moita igualdade e alternativas. Xusto no intre en que o Cisne conseguiu adiantarse (24-25) os locais xeraron un parcial de 4-1 que lles deu unha vantaxe que xa non soltarían ata o final do partido.
Álex Chan volveu destacar nas tarefas goleadoras con dez goles, ben secundado por Emiliano Franceschetti con seis.