Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Club Balonmán Porriño xogará en Europa por primeira vez

O Club Balonmán Porriño xogará en Europa por primeira vez

O equipo porriñés inscribiuse dúas horas antes do peche de mercado

G24.gal 26/06/2024 18:54

O Club Balonmán Porriño gozará por primeira vez na súa historia de competicións europeas tras poder inscribirse a dúas horas do peche de mercado. O equipo do Porriño non tiña apenas apoios económicos, pero tras moitas conversacións e negociacións lograron conseguir os cartos suficientes para poder anotarse na EHF European Cup, a terceira competición europea de balonmán feminino.

O factor económico xa non é o que máis preocupa agora mesmo ao equipo porriñés, xa que se conseguiron os fondos necesarios, agora o preocupante é o ámbito deportivo. Esta competición será a terceira que xogará o equipo a vindeira temporada, o que supón un aumento dos partidos a xogar, a isto hai que sumar a ampliación da propia liga, que a partir desta temporada contará con dous novos equipos, catro partidos máis. O Conservas Orbe Rubensa Porriño enfróntase a unhas semanas moi difíciles para a confección do equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos