Pleno de vitorias para o balonmán feminino na primeira xornada
Pleno de vitorias para o balonmán feminino na primeira xornada
O Porriño impúxose con comodidade ao Zuazo Barakaldo (32-19)
O Guardés apertou na segunda metade e o Xixón non seguiu o ritmo (24-15)
Fin de semana perfecta para o balonmán galego. Porriño e Guardés comezaron a liga como locais e non defraudaron. Dúas grandes vitorias para certificar as boas sensación da pretempada e do pasado curso. Un ano máis, os dous conxuntos queren estar arriba.
O Porriño foi un rodete. Comezou forte xa na primeira metade e o Zuazo Barakaldo non tivo nada que facer. Cun parcial de 19-12 ao descanso, as galegas apertaron máis para evitar sorpresas e remataron cun marcador de 32-19.
O Guardés fixo o propio na Sangriña. O seu templo deulles forzas, malia a que na primeira metade so conseguiron un punto de vantaxe. Pero a conxura no descanso fixo efecto e, tras o recomezo, estiveron intratables cun parcial de 14-6. Co asubío final, as da Guarda gañaron 24-15. Inicio perfecto dos dous conxuntos, que queren aspirar a grandes cousas.