Publicador de contidos
Publicador de contidos

Elena Martínez perde o que resta de tempada co Mecalia

Elena Martínez perde o que resta de tempada co Mecalia

Sofre “unha rotura do ligamento cruzado anterior e dos meniscos do xeonllo dereito”

A súa baixa únese á xa coñecida de María Sancha, lesionada durante a pretemporada

G24.gal 14/10/2024 15:34 Última actualización 14/10/2024 15:40

A lateral esquerdo valenciana Elena Martínez perderá o que resta de tempada despois de que as probas médicas revelaran que sofre “unha rotura do ligamento cruzado anterior e dos meniscos do xeonllo dereito”, informou este luns o seu club, o Mecalia Atlético Guardés.

A primeira liña lesionouse o pasado sábado 5 de outubro durante o partido que enfrontou ao seu equipo co Rocasa Gran Canaria na cuarta xornada da liga Guerreiras Iberdrola. Elena Martínez pasará polo quirófano nas próximas semanas e, unha vez sexa intervida, poderá coñecerse con máis exactitude o tempo que deberá permanecer de baixa, aínda que non será inferior aos seis meses.

 

A súa baixa únese á xa coñecida de María Sancha, lesionada durante a pretemporada e aínda en proceso de recuperación dunha rotura do cuarto metacarpiano da man dereita. Ademais, Xasmín Mendoza é dúbida para o próximo partido ligueiro por unha escordadura de nocello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade