Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Guarda autoriza a apertura de 17 atraccións de festa, entre elas o Saltamontes

A Guarda autoriza a apertura de 17 atraccións de festa, entre elas o Saltamontes

Algunhas atraccións aínda non recibiron a autorización municipal para a súa apertura e, en caso de facelo, será "baixo a súa conta e responsabilidade"

G24.gal 07/08/2024 19:57 Última actualización 07/08/2024 21:05

Os técnicos municipais do concello da Guarda validaron a documentación presentada por 17 das 26 atraccións instaladas para traballar durante a Festa do Monte. Entre as que xa poden operar está o Saltamontes.

O permiso chegou case á mesma hora en que parte dos feirantes se dispuñan a volver abrir sen permiso, asegurando que tiñan todo en regra e garantida a seguridade das atraccións.

"A seguridade non a dan eses papeis, nin sequera as inspeccións. A seguridade depende dun mantemento correcto", aseguraba Loli Balsa, secretaria da Asociación de Atraccións de Feira de Galicia.

O concello da Guarda publicou na súa páxina web a listaxe das atraccións que teñen permiso. E advirten que as que abran sen telo farano baixo a súa responsabilidade. Tamén que o Concello reserva emprender accións administrativas e legais contra eles.

"Coa seguridade das persoas e coas normas administrativas non se debe xogar", apuntaba unhas horas antes o alcalde, Roberto Carrero.

 Os feirantes quéixanse dos días perdidos sen traballar.

"Aquí estamos para facer cartos. Necesitamos abrir e imos abrir ata que rematen as festas", dicía un feirante.

Segundo o concello non houbo tardanza na revisión da documentación  senón que os feirantes a presentaron cando as festas xa estaban en marcha.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar