O Comité de Competición anula a expulsión de Vinicius
O Comité de Competición anula a expulsión de Vinicius
Sinala: "O acontecido enmárcase nunha permanente impunidade por parte de adversarios e afeccións fronte ao xogador, todo diante da pasividade do colectivo arbitral, da RFEF e de La Liga"
Pecha unha das bancadas de Mestalla e ponlle unha multa de 45.000 euros ao Valencia
O Comité de Competición da RFEF acordou deixar sen efectos disciplinarios a expulsión de Vinicius no partido do pasado domingo ante o Valencia. "Vistas as alegacións e probas achegadas polo Real Madrid, este Comité considera que teñen a suficiente forza para desvirtuar a presunción de veracidade da acta arbitral", indica o comité.
Tamén entende: "O acontecido enmárcase nunha permanente e total impunidade durante a presente temporada por parte de adversarios e afeccións fronte ao xogador expulsado, todo diante da pasividade do colectivo arbitral, da RFEF e de La Liga".
Outra das decisións foi pechar a bancada Mario Kempes do campo de Mestalla os vindeiros cinco partidos e impoñer unha multa ao Valencia de 45.000 euros.
Na comparecencia posterior ao partido do Barcelona, Xavi Hernández dixo que lle sorprendía que lle quitasen a vermella: "Unha cousa son os actos de racismo, que hai que condenar, e outra os actos dos xogadores. É impepinable que houbo unha agresión".