O Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, bota o peche este venres
Supera, a empresa concesionaria, di que non pode asumir a suba dos custos enerxéticos
O complexo deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, pecha as portas este venres incapaz de asumir a suba dos custos enerxéticos. Así o acaba de anunciar a empresa concesionaria, que hai quince dias xa pechou as piscinas e a zona de augas polo mesmo motivo.
Os usuarios tómano con resignación. "É unha lástima porque as instalacións son fantásticas, non era caro e era moi doado aparcar pola zona. Buscaremos outra cousa por aí. A gastar zapatilla".
Moitos xa agardaban a noticia. "Imaxino que o mantemento disto ten moito custo", di un usuario.
Pois a suba inasumible para a concesionaria dos custos enerxéticos é o argumento que presentan para renunciar á xestión do complexo e botar o peche.
Hai quince días pechou as piscinas e a zona de aguas, deixando nunha difícil situación aos clubs de deportes acuáticos que se adestraban nas instalacións. A partir do venres suspéndense os cursos e xa tampouco estarán dispoñibles as salas de máquinas.