O Coruxo segue coa boa dinámica tras vencer o Rácing Vilalbés no Vao (3-2)
O Coruxo segue coa boa dinámica tras vencer o Rácing Vilalbés no Vao (3-2)
Os vigueses puxéronse por diante ata en tres ocasións
Davo anotou o gol do triunfo
O Coruxo erixiuse vencedor no derbi galego disputado este sábado na 2ªRFEF. O Rácing Vilálbes visitaba o feudo vigués logo da súa épica vitoria da semana pasada, aínda que diante tiña a un dos mellores locais da competición.
A primeira metade comezou cunha grande igualdade, con pequenos achegamentos para ambos equipos. No minuto 32, Terranova adiantou os locais e fixo estoupar o encontro, cando converteu en gol un disparo dende a frontal da área. Pese ao golpe, os visitantes tardaron un minuto en responder, ao rematar Make unha gran xogada colectiva. Cando parecía que o partido chegaría empatado ao descanso, David Añón aproveitou un rexeitamento da defensa e adiantou de novo ao Coruxo.
Na segunda o Rácing buscou o empate con énfase, ata que un roubo no medio campo rematou con Christian Martínez chutando dende a beira da área e anotando o empate. 2 a 2 e partido novo. Entón o ritmo calmouse, pero no minuto 77 Davo aproveitou unha xogada embarullada para desequilibrar o encontro. Tres puntos de ouro que sitúan noveno ao Coruxo, empatado a 23 puntos co Rácing Vilalbés.