Publicador de contidos
Publicador de contidos

O cuarto amigable do Celta verémolo este venres na G2

O cuarto amigable do Celta verémolo este venres na G2

O equipo de Claudio enfróntase ao Gil Vicente portugués (18:00 horas)

G24.gal 25/07/2024 18:38

O Celta xogará o cuarto amigable da pretemporada ante o Gil Vicente portugués este venres ás 18:00 horas. O partido verémolo pola G2 e Agalega.gal. Será a oportunidade de ollar a Borja Iglesias por primeira vez logo de asinar o contrato co cadro vigués. 

O Gil Vicente é o terceiro equipo portugués ao que se enfrontan os de Claudio Giráldez logo dos partidos xogados contra o Benfica (2-2) e o Vizela (4-0), un rival con nome que o ano pasado acabou na duodécima posición da Primeira División de Portugal. Polo medio o partido do martes pasado diante do Sporting de Xixón (2-1), co que o cadro celeste vai collendo a forma antes de iniciar a remesa de partidos en terras francesas e inglesas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos