Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo amosa o seu desacordo coa reforma de Riazor

O Deportivo amosa o seu desacordo coa reforma de Riazor

G24.gal 20/07/2024 14:45

O Deportivo lanzou un duro comunicado contra o Concello da Coruña polas obras que vai ter que executar no campo de Riazor para acoller a Copa Mundial de Fútbol de 2030. A mensaxe do deportivo comeza dicindo: "O R. C. Deportivo nunca participou nin recibiu ningunha información acerca das xestións mantidas polos diferentes estamentos ao redor deste acontecemento".

Considera que o modus operandi do Concello non é "institucinal nin pertinente" e insta ás autoridades a ter "un diálogo baseado no respecto mutuo". O Deportivo entende que coa decisión da reforma non se teñen en conta "nin as prioridades dos afeccionados nin a sustentabilidade do club". 

A entidade entende que a capacidade de 32.471 espectadores é axeitada para o tamaño da masa social deportivista e que "asegura o orzamento necesario para confeccionar os cadros de xogadores e os investimentos destinados ao desenvolvemento do club". Finaliza dicindo que a idea é ter un estadio de categoría 4 e volver a disputar competicións europeas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos