Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo busca iniciar a escalada clasificatoria en Burgos

O Deportivo busca iniciar a escalada clasificatoria en Burgos

Óscar Gilsanz non cre que o ruído arredor do futuro de Yeremay ou Mella vaia distraer o equipo

Foto: @Laliga
G24.gal 18/01/2025 13:24

O Deportivo volve xogar fóra da casa, visita o Burgos no Plantío, arestora, un rival directo nesa loita por afastarse dos postos baixos da clasificación.

A exhibición de Yeremay a xornada pasada centrou os focos no canario na previa. E tamén en Mella. Gilsanz ve centradas as dúas estrelas, considera que non lles afectaron os rumores sobre unha posible saída no mercado de inverno. O Deportivo precisa o acerto dos seus homes de ataque para superar un rival que acadou 18 dos seus 27 puntos na casa.

O regreso de Villares tras a súa sanción, aumenta as opcións de Gilsanz na súa busca do equilibrio.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade