Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo busca o título da 1ª RFEF en Castelló

O Deportivo busca o título da 1ª RFEF en Castelló

Os de Idiakez visitan mañá Castalia (21:00 h, TVG)

G24.gal 01/06/2024 16:41

O Deportivo terminará en Castalia unha intensa temporada que quere culminar co triunfo na eliminatoria de campións. Os de Idiakez intentarán facer bo o dous a un da ida en Riazor, malia que as forzas están máis que xustas.

Será con varias baixas, moita festa nas costas e con Lucas e Villares multiplicando esforzos tralo partido coa irmandiña.

Intentarán estar, tralas súas lesións, Cayarga, Barbero e Balenziaga. Este, na que será a súa despedida.

Uns marchan e outros renovan, como o central Pablo Martínez.

Todo, nas horas previas a un Castellón-Deportivo que veremos este domingo ás nove da noite na primeira canle da Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos