Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo completa o lateral dereito con Petxarroman

O Deportivo completa o lateral dereito con Petxarroman

O vasco chega procedente do Andorra e asina ata o 2028

G24.gal 15/07/2024 20:54

O Deportivo completou a posición de lateral dereito. Contará con Ximo Navarro e co asinado Alex Petxarroman. O xogador vasco estampou a sinatura no contrato que o vai unir ao cadro coruñés ata o ano 2028. 

Petxarroman ten 27 anos e formouse na Real Sociedade. Estivo cedido nun par de equipos ata que ascendeu ás ordes de Xabi Alonso á Segunda División. Ese verán realizou un movemento moi soado porque acabou no Athletic aínda que no cadro bilbaíno non conseguiu consolidarse en Primeira División. 

O seu último destino foi Andorra, a onde chegou hai dúas campañas coincidindo co ascenso do equipo ao fútbol profesional. Idiakez coñéceo ben desde a súa etapa formativa e, sen dúbida, é un movemento que conta coa aprobación do adestrador branco e azul. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos