Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo está moi preto de asinar a Charlie Patiño, perla do Arsenal de orixe galega

O Deportivo está moi preto de asinar a Charlie Patiño, perla do Arsenal de orixe galega

Segundo avanzou The Mirror, o internacional inglés sub-21 do Arsenal sairía traspasado ao equipo coruñés por un millón de libras

Xogou as dúas últimas tempadas no Swansea e Blackpool da Championship

G24.gal 21/08/2024 17:11 Última actualización 21/08/2024 17:17

O Deportivo está moi preto de pechar unha operación de altos voos para o seu centro do campo. Segundo avanzou The Mirror, o xogador do Arsenal Charlie Patiño, perla do Arsenal, estaría moi preto de recalar na Coruña en propiedade.

As negociacións estarían moi avanzadas e se nada se torce podería pecharse antes da fin de semana. A operación, que podería estar ao redor dun millón de libras, sería a máis ambiciosa do Deportivo tras o seu ascenso a Segunda.

E é que o club coruñés está a negociar un traspaso e un contrato de tres ou catro tempadas. O Arsenal gardaríase unha porcentaxe dun futuro traspaso e cobraría outras cantidades por obxectivos, últimos flocos que se negocian.

Charlie Patiño, de 20 anos de idade, 1,82 de estatura e nado en Watford, é internacional sub-21 con Inglaterra e ten raíces coruñesas. Ademais de ser internacional e debutar co Arsenal en 2021, xogou as dúas últimas tempadas no Swansea e Blackpool da Championship. Medio centro ofensivo de talento, a súa fichaxe sería un importante salto de calidade para o centro do campo do Deportivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos