O Deportivo irá a Castelló cunha pequena vantaxe (2-1)
O Deportivo irá a Castelló cunha pequena vantaxe (2-1)
Os goles de Lucas e Pablo Martínez remontaron o tanto inicial do equipo visitante
Lucas Pérez fallou un penalti con empate a cero
O Deportivo viaxará a Castelló cunha mínima vantaxe para decidir o campión da temporada na Primeira Federación (2-1). O cadro coruñés remontou no segundo tempo o tanto inicial dos castellonencos.
Foi o Dépor o que tivo a grande oportunidade para marcar primeiro, pero Lucas Pérez perdoou nun penalti que forzara David Mella.
Antes do descanso Douglas Aurélio recollía un pase na área, realizaba unha gran manobra e superaba a Puerto cun lanzamento cruzado. Durante moitos minutos o Castelló foi o equipo que levou o peso do partido ante o Deportivo, moi minguado polas baixas.
Pero nun espazo de seis minutos o cadro coruñés conseguiu darlle a volta ao partido. Lucas, no 69, resarciuse cun gran lanzamento desde a frontal. E Pablo Martínez, á saída dun córner no 75, puxo o 2-1.
Ata o final do partido buscou o gol o Castelló, pero sen achegamentos moi claros sobre a portería de Puerto. O resultado quedou coa vantaxe mínima para o cadro deportivista que terá que defender nun campo tan difícil como é Castalia.