O Deportivo Liceo vence con autoridade ao Caldes en Riazor (4-2)

O equipo de Juan Copa encarrilou o partido con tres goles no primeiro tempo 

César Carballeira foi o xogador máis destacado dos coruñeses ao anotar dous goles

G24.gal 05/11/2023 11:20

O Deportivo Liceo logrou a terceira vitoria consecutiva na casa tras derrotar por 4 a 2 ao Caldes.

O equipo dirixido por Juan Copa non deu opción ao seu rival e adiantouse no marcador mediada a primeira parte por mediación de César Carballeira. Dous minutos despois Lluis Ricart sumou o segundo ao marcador e foi de novo Carballeira quen anotou o terceiro nunha xogada ensaiada antes de chegar ao final do primeiro acto.

Na segunda parte Dava Torres sentenciou o partido co cuarto gol, antes de que o Caldes recortase distancias con dous goles cara ao final.

Con este resultado o Liceo segue coa súa dinámica na casa, onde leva un pleno de triunfos,  o cal contrasta coas tres derrotas que acumula lonxe do Pazo dos Deportes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos