Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo recupera a Mario Soriano e renóvao ata o 2028

O Deportivo recupera a Mario Soriano e renóvao ata o 2028

O xogador voltaba da cesión no Éibar pero remataba contrato en 2025

Amplía o contrato tres campañas e unha máis opcional

G24.gal 28/06/2024 19:05

Mario Soriano será xogador do Deportivo ata o 2028. O mediapunta, que tiña contrato ata o 2025, amplía o vencello ata o 2028 con posibilidade dunha campaña máis. Soriano regresaba esta temporada da súa cesión no Éibar onde foi un xogador importante nun conxunto que pelexou polo ascenso á Primeira División. 

Soriano chegou á Coruña en 2021 e tivo unha conexión especial coa bancada. Estivo nos ascensos frustrados de 2022 e 2023, temporadas nas que xogou 71 partidos e marcou 13 goles vestindo a camisola branca e azul. Mesmo foi o autor do gol diante do Albacete no partido decisivo de ascenso en xuño do 2022 naquel partido que os de De La Barrera acabaron remontando na prórroga. 

O contrato falaba de regreso no caso de ascenso do cadro deportivista, como así aconteceu. O club quere que sexa un xogador importante no futuro inmediato pola súa xuventude (22 anos), polo seu compromiso e por teren demostrado no fútbol profesional as súas cualidades -39 partidos de titular en Éibar e 3 goles-.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos