O Deportivo salva un punto ante un Castela superior (1-1)
Comezou moi ben o equipo de Óscar Cano co gol de Pepe Sánchez
Na segunda metade, o filial branco gozou de moitas e claras ocasións
Na primeira media hora o Deportivo fixo do Castela un equipo pequeno. Con Saverio e Pepe Sánchez na aliñación, os galegos puideron golear. Puideron marcar na contra. Como nesta que lanzou Saverio pra Lucas Pérez. E tomaron vantaxe nun balón parado. Sacou o córner Lucas e cabeceou Pepe Sánchez. Era o minuto 20.
O Castela quedou afundido. E aí perdoou o Deportivo; un exemplo, a xogada de Lebedenko con tiro final de Soriano. Mais na última media hora espertou o filial e cambiou o partido. Avisou cun envío marabilloso do porteiro Mario pra Piter. Piter enfilou e quixo regatear a Mackay, pisando, e saíulle mal. E logo veu o córner do empate. Un córner que cabeceou primeiro Márvel, pateou Arribas, rexeitou Álvaro Martín e acabou remachando o propio Márvel.
Á volta, o Castela seguiu á fronte. O Deportivo non encontraba o xeito. E Álvaro Rodríguez volvía aparecer para rematar agora un bo centro de Obrador. Olabe evitou o gol visitante. O Deportivo sufriu na segunda parte e apelou primeiro a Mackay. Fantástico o porteiro pra resolver un man a man con Sergio Arribas. E logo, ao efecto Riazor. O empuxe deses 26.700 que había no estadio. Ese que nunca falla. E aí encontrou a súa, sobre o 90, con Lebendenko no envío e o remate de Pablo Martínez. 1-1 final en Riazor. Empate e sensación de mal menor. Punto para valorar na carreira polo ascenso.