O Deportivo xuvenil falla un penalti e queda eliminado da Final a Catro na prórroga
O Deportivo xuvenil falla un penalti e queda eliminado da Final a Catro na prórroga
Iker Villar, con dous goles no tempo suplementario, decidiu a eliminatoria (2-0)
Kevin Sánchez fallou un penalti no segundo tempo
O Deportivo xuvenil quedou fóra da Final a Catro logo de perder por 2-0 diante do Sevilla (0-0 na ida). O cadro coruñés fallou un penalti e encaixou os dous goles da eliminatoria na prórroga.
O dominio correspondeu ao conxunto galego. O Sevilla, malia xogar na casa, tivo moitas precaucións defensivas diante dun Deportivo que gozou das mellores ocasións. Non era un partido moi aberto pero o equipo dirixido por Manuel Pablo tivo un penalti para sentenciar. O goleador fabrilista Kevin Sánchez tirou centrado e o porteiro andaluz despexou cos pés.
O encontro foi á prórroga na que puido adiantarse o Deportivo cunha ocasión moi clara pero foi o Sevilla o que acertou no minuto 7 cun gol de Iker Villar. O conxunto coruñés arriscou e nunha xogada rápida marcou o segundo. Era o minuto 115 e xa non habería tempo para máis.