Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo xuvenil, a semifinais da Copa do Rei

O Deportivo xuvenil, a semifinais da Copa do Rei

O equipo de Manuel Pablo remonta ante o Vilarreal na prórroga

O Deportivo eliminou o Celta, o Atlético e agora os castellonencos

R.C. Deportivo
G24.gal 15/02/2023 19:57

O Deportivo xuvenil continúa a súa brillante traxectoria na Copa do Rei. Os herculinos están xa en semifinais logo de derrotar o Vilarreal por 3 goles a 4 nun partido vibrante e igualado que se tivo que resolver na prórroga.

O encontro resultou frenético dende os primeiros minutos. O cadro amarelo adiantouse ben cedo. No minuto 4, Mario Linares aproveitou unha asistencia de Ferreres para bater a Hugo Lemos. O Deportivo empatou á media hora de partido. Seydiba aproveitou un rexeitamento no pau da portería castellonenca para facer a primeira igualada.

O equipo de Manuel Pablo foi moi superior neste tramo de encontro e Hugo Villaverde poría por diante os branquiazuis cun auténtico golazo logo dunha xogada individual na que amosou toda a súa categoría.

Mudou o partido tras o descanso. Golpeou novamente cedo o xuvenil do Vilarreal. Requena facía o empate a 2 no minuto 51 e moi pouco despois chegou a xogada que ben puido decidir a eliminatoria.

Caída dentro da área deportivista e o colexiado interpreta penalti. Unax del Cura dáballe novamente a volta a este partido tolo dende os 11 metros. 3-2, e as cousas pintaban mal para os herculinos.

Pero non se rendeu o equipo coruñés, que empatou no 75 cunha gran volea de Hugo Baldomar. O partido encamiñouse ao tempo extra.

E na prórroga o Deportivo resolveu. Pablo Pérez deixou atrás a defensa do Vilarreal cun autopase e buscou a asistencia para a chegada de Kevin, que lle puxo fin a outro partido espectacular do Deportivo xuvenil.

A Final Four agarda. Os xogadores de Manuel Pablo soñan con cousas grandes.

R.C. Deportivo R.C. Deportivo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade