Publicador de contidos
Publicador de contidos

O día máis duro para o deportivismo

O día máis duro para o deportivismo

A contracrónica dunha das meirandes decepcións para a afección branca e azul coa perda do regreso ao fútbol profesional

G24.gal 12/06/2022 12:08

Xa o dicía o gran Arsenio Iglesias: "Coidado coa festa que nola quitan dos fociños". E iso, nin máis nin menos, foi o que aconteceu en Riazor. O día apuntaba a troula sen fin, milleiros de afeccionados encheron os arredores do estadio dende horas antes. O bus do Deportivo case nin podía circular por Manuel Murguía.

A ledicia coa que comezaron o encontro foi tornando en desesperación cos goles do Albacete, sobre todo cando se achegaba o final e o Deportivo non era quen de acadar o empate.

E a decepción estourou ao rematar, bágoas no céspede, Villares, Alberto, Noel non atopaban consolo... bágoas na bancada... xogadores e afección buscaban a forma de asumir o pau... perdidos sobre o terreo de xogo e perdidos tamén á hora de explicar o sucedido.

O capitán Álex Bergantiños achegouse a falar cos afeccionados, a alma do equipo tentaba calmar os ánimos dos máis exaltados pola derrota. E no medio da desolación en Riazor, a festa do ascenso do Albacete, a festa de Rubén de la Barrera, un coruñés co corazón dividido, que deixou claro que non seguiu no Deportivo por circunstancias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos