O Ensino derrota ao Baxi Ferrol no derbi galego (92-86) e fuxe do descenso
As luguesas suman 8 triunfos e colócanse a 3 das ferrolás, que acusaron o desgaste europero
O Celta Zorka perdeu cun rival directo e caeu ao descenso
Extraordinario ambiente no Pazo no derbi galego, que comezou cunha serie de canstras seguidas por parte do Baxi Ferrol ata que foi espertando o Durán Maquinaria Ensino, que ao final do primeiro cuarto lograba empatar o partido a 23, con dous equipo movéndose en altisimas porcentaxes de tiro desde o perímetro e tamén na pintura.
Logo da igualdade no primeiro acto, o segundo levouno o conxunto de Antonio Pernas por catro puntos, 30 a 26. Nese tempo Soriano e Fequír xa estaban en dobres díxitos por parte local e destacaban na tarefa ofensiva Alba Sánchez, Pospisilova e Gala Mestres, tamén en dobres díxitos, no conxunto que dirixe Lino López.
O terceiro cuarto foi para o Baxi Ferrol, por tres puntos, pero as ferrolás controlaron ese tempo no que as lucenses nos eran quen de volver tomar a dianteira no marcador.
E así entrou o derbi no momento da verdade no que Claudia Soriano esnaquizou a defensa ferrolá, pero as de Lino López en ningún momento perderon a cara do partido.
E deste xeito remataba o seu recital Claudia Soriano, paso atrás e tripla para colocar unha renda insalvable. Mestres , con esta tripla chegaba aos 17 puntos. Ao final, logo dun gran derbi, Ensino 92 - Baxi 86.
Derrota do Celta Zorka
No outro onfrontamento daa xornada con representación galega, o Celta Zorka perdeu na pista dun rival directo, o IDK Euskotren. As viguesas caeuron nun encontro axustado, cunha baixa anotación, e fixérono nos minutos finais. A derrota é a terceira consecutiva para as de Cristina Cantero, que son arestora penúltimas cun 6 vitorias, unha menos que as vascas.