Cargando resultados...
O estaleiro vigués Freire negocia un pedido millonario
O estaleiro vigués Freire negocia un pedido millonario
Pode optar a construír ata sete buques co Goberno de Indonesia
G24.gal
09/11/2021 16:42
O ministro de Asuntos Marítimos e Pesca de Indonesia visitou o estaleiro vigués Freire para propoñerlles aos responsables de Freire un pedido millonario, que se iniciaría cunha patrulleira de 60 metros de eslora para entregar en 2024.
Despois de construír o buque escola Bima Suci para a Armada indonesia, o país quere que o estaleiro vigués se encargue tamén das embarcacións para vixilancia pesqueira e de investigación das súas augas territoriais.
Mentres, Freire traballa cunha ampla carteira de pedidos, con dous megaiates e dous oceanográficos para os Estados Unidos e os Emiratos Árabes.