O galego Rafael Louzán, presidente da RFEF ata 2028
O galego Rafael Louzán, presidente da RFEF ata 2028
Tivo 90 votos a favor por 43 para Salvador Gomar
O Tribunal Supremo acollerá o próximo 5 de febreiro a vista do recurso de casación ante a súa condena de inhabilitación para ocupar cargos públicos durante sete anos
Louzán: "O reto que temos é non defraudar"
O galego Rafael Louzán é o novo presidente da Federación Española de Fútbol. Gañou por maioría absoluta en primeira votación. Tivo 90 votos a favor por 43 para Salvador Gomar.
É o vixésimo sexto presidente do organismo desde a súa creación en 1913, tomando a remuda de Pedro Rocha.
Javier Tebas falou sobre a elección de Rafael Louzán como presidente da RFEF
"Non estou preocupado (pola súa inhabilitación)"
"Preocúpame que Louzán poida rodearse dun bo equipo. Espero e desexo que sexa revocada a resolución. Soubo rodearse dun bo equipo, como Rocha"
En febreiro de 2021, Louzán foi condenado a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación para cargos públicos por un delito de prevaricación e outro de fraude por conceder unha axuda de 86.311 € ao concello de Moraña para que realizase unhas obras no campo de fútbol que xa estaban executadas.
O Tribunal Supremo acollerá o próximo 5 de febreiro, a partir das 10:30 horas, a vista do recurso de casación interposto por Rafael Louzán ante a súa condena de inhabilitación para ocupar cargos públicos durante sete anos. Louzán deberá defender a súa presunta inocencia nunha vista pública.