O galego sobe trece chanzos entre os idiomas máis influentes do mundo
O galego sobe trece chanzos entre os idiomas máis influentes do mundo
Desde 2017 ata hoxe pasou do posto 50 ao 37 na listaxe do informe Calvet, que elabora o Ministerio de Cultura francés
Agatuña 13 postos nunha listaxe en que, por exemplo, o catalán ocupa o posto número 12 e o éuscaro, o posto 50
O galego sobe ao posto 37 entre as 634 linguas con máis peso no mundo. Son os datos do informe Calvet, que elabora o Ministerio de Cultura francés, e que reflicten a mellora da posición relativa do noso idioma entre as linguas máis influentes do planeta.
Teriamos un posto 160 por número de falantes, pero se miramos o prestixio, o galego está entre os principais idiomas.
O escepticismo mestúrase na rúa coa ledicia por ver que sobe a influencia da lingua propia. O seu uso en Internet, en traducións da lingua e para a lingua e o status sociopolítico son algúns dos aspectos onde, segundo este informe, o galego mellora.
"Cando nos miran desde fóra, mírannos con máis obxectividade da que nos vemos nós mesmos. Tendemos a vernos como máis no currunchiño, máis para abaixo, e o galego, aínda que soe un pouco raro, é unha das linguas máis faladas do mundo e que ten un estatuto que, entre as rexionais, de Europa é a que o ten mellor", comenta Henrique Monteagudo, membro da Real Academia Galega.