Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno arxentino sitúase lonxe da desculpa esixida por España

O Goberno arxentino sitúase lonxe da desculpa esixida por España

"Ten unha muller corrupta e colle 5 días para pensar", así se dirixiu Javier Milei a Pedro Sánchez

O presidente español esíxelle unha rectificación e ameaza cunha resposta de país

G24.gal 20/05/2024 20:12

Agrándase a crise entre España e A Arxentina polas palabras do presidente Milei en que lle chama corrupta á muller de Pedro Sánchez. O presidente do Goberno ameaza con romper as relacións diplomáticas co país se Milei non rectifica publicamente as acusacións. O Goberno arxentino descártao e tacha de irracional a resposta do presidente español.

"Ten unha muller corrupta e colle cinco días para pensar", así se dirixiu o máximo responsable arxentino a Pedro Sánchez, quen agora lle pide a Milei unha desculpa pública e ameaza cunha resposta de país se o presidente arxentino non rectifica.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno, "Entre os gobernos os afectos son libres, pero o respecto é irrenunciable. Pedímoslle unha rectificación pública e a resposta do Goberno de España será acorde á dignidade da democracia española".

Lonxe de retractarse, Javier Milei ironizou nas redes sociais sobre a reacción de Pedro Sánchez e do Goberno de España. Na mesma liña, Manuel Adorni, portavoz do Executivo arxentino, di que non hai motivo para abrir unha crise diplomática e incluso esixe unha desculpa a España: "O Goberno arxentino insta a que pidan desculpas polos agravios a Javier Milei, entre eles dicir que toma substancias ou ser un Goberno do odio".

O portavoz do Goberno arxentino lamentou "que se poña en tensión a relación entre dous países historicamente irmáns", xa que "a diplomacia entre os pobos está moi por riba das diferenzas entre os presidentes".

O Goberno, pola súa parte, mantén a folla de ruta. Tras retirar sine die a embaixadora española da Arxentina, o ministro José Luis Albares convocou este luns o embaixador arxentino en España para advertilo de que haberá consecuencias se non chegan as desculpas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade