O Gran Peña loitará polo ascenso á 2RFEF nun partido cun final polémico
O Gran Peña loitará polo ascenso á 2RFEF nun partido cun final polémico
A Unión Deportiva Ourense adiantouse no marcador, pero acabou perdendo por 2-1
Na última xogada do partido o equipo ourensán pediu un penalti de Ju
O Gran Peña Celta C será o representante galego na última eliminatoria de ascenso á 2RFEF. O equipo vigués gañou por 2-1 e fixo bo o empate do partido de ida (3-3). A Unión Deportiva Ourense comezou adiantándose no marcador pero tres minutos malos no final do primeiro tempo acabaron por darlle a volta ao partido.
O partido tivo a mesma dinámica que o primeiro con moitas ocasións xeradas polos dous equipos. Avisou a U. D. Ourense cun lanzamento de Guisande ao pau. No 28 Lucas Puime remataba á rede un saque de córner (0-1).
Parecía controlado o partido para os visitantes pero no 43 e no 45 recibiron dous goles. Primeiro o central Diego Rodríguez e logo o dianteiro Jose Rivera mandaban o partido ao descanso con vantaxe para o terceiro filial celeste (2-1).
Non se moveu o marcador na reanudación malia que houbo oportunidades por parte dos dous equipos. A UD Ourense levou o peso do partido e o Gran Peña xerou problemas nas contras. Conforme nos achegabamos ao final do partido ía medrando a tensión e nos nove minutos de engadido os ourensáns tiveron tres opcións moi claras pero non conseguiron levar a eliminatoria á prórroga.