Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lateral esquerdo ferrolán Álvaro Carreras asina polo Benfica

O lateral esquerdo ferrolán Álvaro Carreras asina polo Benfica

O Manchester United cortou a cesión no Granada para envialo a un dos mellores equipos do fútbol portugués

G24.gal 17/01/2024 06:52

O lateral esquerdo ferrolán Álvaro Fernández Carreras (23/03/2003) acaba de dar un novo paso na súa carreira. O Manchester United decidiu cortar a cesión ao Granada hai uns días e o xogador foi a Lisboa para formalizar unha nova cesión ao Benfica portugués, un dos históricos do fútbol luso e europeo. 

Carreras xogará ata o final da temporada no cadro benfiquista e, no caso de convencer á propiedade, terá unha opción de compra de seis millóns de euros. 

O galego formouse no Galicia de Caranza e no Racing antes de dar o paso á Coruña. Enrolouse no Deportivo en idade alevín e estivo ata o 2017, cando o Real Madrid se fixou nel. No club branco estivo ata o 2020, cando outro dos grandes de Europa, o Manchester United, apostou forte pola súa fichaxe. 

Carreras debutou co primeiro equipo dos Red Devils e este ano quixo curtirse na liga española, a onde marchou como cedido a un Granada que acababa de ascender. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos