O Liceo de Ourense fai 175 anos sendo un referente social e cultural na cidade
A actual directiva que preside Xavier Casares, o irmán de Carlos Casares, está a organizar un completo programa para celebrar o seu aniversario
No 2024 acolleu máis de 400 actividades culturais: música, teatro, presentacións de libros, poesía ou exposicións
Polo Liceo ourensán pasaron todos os nomes da Xeración Nós
O Liceo de Ourense cumpriu o pasado 3 de marzo 175 anos. A sociedade cultural chegou a ter máis de 2.000 socios e desde o 1850 é todo un símbolo na cidade, foi e segue sendo un referente social. Agora son uns 500 socios os que manteñen vivo un espazo propio na zona vella, un pazo renacentista do século XVI, e que no 2024 acolleu máis de 400 actividades: desde música clásica, poesía, presentacións de libros ou exposicións.
Falan da súa longa historia e tamén do seu futuro o presidente da sociedade cultural, Xavier Casares, o irmán de Carlos Casares e o seu xerente, José Luís Troitiña.
A actual directiva está a preparar con moito agarimo un amplo programa de actividade para celebrar o seu aniversario. Presentarano en sociedade nos vindeiros meses.