O Liceo quere garantir o pase matemático aos cuartos da Champions (20:30, G2)
Un triunfo contra o Quevert unido a un resultado favorable no Valongo-Oliveirense podería certificar a clasificación a dúas xornadas do final da fase de grupos
Este xoves temos unha cita co Liceo na máxima competición continental. Será desde as 20:30 e verémolo na G2 e en Agalega.gal. O conxunto coruñés recibe en Riazor o Quevert, un rival ao que os de Juan Copa xa lograron derrotar en Francia por un contundente 1 a 6. Despois de derrotar o Valongo, o Liceo depende de si mesmo para pasar á seguinte rolda. Colocarse entre os 8 mellores de Europa.
A falta de tres xornadas para o remate da fase de grupos o conxunto liceísta ocupa a terceira posición (entran os catro primeiros nos cuartos de final) cos mesmos puntos que o Oliveirense que é o cuarto e cinco de vantaxe sobre o Valongo. Os dous equipos portugueses terán nesta xornada un enfrontamento que pode favorecer os intereses do Liceo que cunha vitoria entraría de xeito matemático na antesala da Final a Catro.