Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo reforza a súa medular con Roger Martínez

O Lugo reforza a súa medular con Roger Martínez

O centrocampista catalán procede do Español B, co que anotou 2 goles a pasada tempada

Cuarto reforzo para o mediocampo albivermello

G24.gal 08/08/2024 21:05

O C. D. Lugo incorpora ao seu equipo a Roger Martínez, procedente da canteira do Español. O xogador de 20 anos foi clave no mediocampo do equipo catalán e conseguiu anotar 2 goles a pasada tempada.

Martínez debutou con 18 anos no primeiro equipo perico e recala agora nas filas dos lugueses. A nova fichaxe do Lugo reforzará a súa medular, onde está chamado a formar un dobre pivote xunto con Dani Vidal.

Trátase da cuarta incorporación no centro do campo albivermello, logo de fichar a Yayo González, Jon Ceberio e Alberto Vaquero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar