O Nástic remata co fortín do Espiñedo (0-1)
O Nástic remata co fortín do Espiñedo (0-1)
Terceira derrota ligueira do Arenteiro na casa
O gol de Godoy logo dun erro defensivo dálles o liderado aos cataláns
O Nástic de Tarragona asaltou o Espiñedo, onde o Arenteiro non perdía dende decembro, nun partido con alternativas para os dous equipos.
A primeira metade comezou cos dous equipos na busca de xerar algunha ocasión de perigo.Ao pouco do comezo, os locais reclamaron un penalti sobre Carnero que o árbitro non lles otorgo. Nos primeiros dez minutos foron os visitantes, que precisaban a vitoria para seguir na loita polo ascenso directo, os que se tiveron dúas ocasións que fixeron intervir a Diego García. O gardameta local impediu ao cuarto de hora o primeiro gol cunha grande intervención. O Arenteiro comezou antes de chegar á primeira media hora e xogo, e o guión do partido mudou. O conxunto ourensán comezou a ter a posesión e a xerar perigo en campo rival. Chegando ao 40, de novo Godoy quedou man a man con Diego e de novo volveu fallar, esta vez enviando o balón ao lateral da rede. Un minuto despois, de novo Godoy tivo a opción de anotar coa porta baleira, pero o disparo foi salvado por un defensor. Con estas claras opcións para o equipo catalán, o encontro marchou ao descanso.
O segundo acto non podía comezar peor para os intereses do equipo galego. Unha falta frontal non foi ben defendida e Marc Fernández aproveitou un balón solto para inaugurar o marcador. Era o minuto 49. A partir de entón o partido baixou o ritmo e non houbo ocasións claras nos seguintes minutos. Co paso do partido o Arenteiro mellorou e Luis Chacón avisou das intencións dos de Javi Rey. O Arenteiro non se deu por vencido e tivo dúas ocasións moi claras nos últimos minutos. A primeira foi detida de forma excepcional polo gardameta e a segunda foi rexeitada por un zagueiro cando o esférico xa ía cara á porta. Os galegos intentárono pero non foron quen de empatar, polo que o Nástic é o novo líder, á espera do que faga mañá o Deportivo.
Pola súa parte, o Arenteiro queda sétimo e podería rematar a xornada lonxe do playoff.